Himno a galicia
Los tamaraDese sono en que estás merguzada,
Do teu rico porvir a alborada,
Polo ceo enxergándose vai
Xa cantando os teus fillos te chaman,
E cos brazos, en cruz se espreguizan
Malpocados o que eles cobizan,
E un bicodos labios da nai.
Dese chan venturoso arrincado pola man do meu negro destino
Hasta mesmo soñando maxino esos campos risoños cruzar.
E correr polas hortas e prados onde leda pasou miña infancia,
Respirando a suave fragancia de xazmin, caravel, azahar.
Coido mirar esas rías serenas escumando con barco veleiros,
E cantares oir feiticeiros que en ningures tan doces oin,
Ainda creo sentir as labercas que pineiran nos aires cantando,
Canto sol vai as nubes pintando de amarelo, de lume e carmín.
Eu soñei ver na cume do pindo,
Adornados de mirto e loureiros,
Escritores, poetas, guerreiros,
Que sorrindo se daban a man.
Eran eses o fillos máis caros,
Que da patria aumentaron a gloria,
Os seus nomes nos fastos da historia,
Con diamantes grabados serán.
Acordei adourada Galicia e dos ollos chovianme as bágoas,
Quen pudiera beber nas túas aguas e os teus aires feliz respirar.
De ti lonxe querido corruncho, eu morrendo estou de amargura,
Como a froita que vai xa madura e entre as silvas o vento guindou.
Teño envidia da libre anduriña que aí chega por tódolos maios,
Teño envidia das nubes e raios que o sureste a esa terra levou.
Polos diversos paises que eu vaia ti seras miña dolce memoria
Mesmo entrar no quixera na gloria sin primeiro pasar por aí.
Sin primeiro pasar por aí, sin primeiro pasar por aí.
Mais ouvidas de Los tamara
ver todas as músicas- Pol'o Mar Abaixo Vai
- Unha Noite Na Eira do Trigo
- Himno a Galicia
- A Meiga
- Galicia Non Ten Morriña
- A Canzón De Un Mariñeiro
- Airiños, Airiños, Aires
- María Soliña
- O Home e a Terra
- A Outra Nai
- Mi Tierra Gallega
- Galicia Terra Nosa
- Na Morte de Curros
- A Santiago Voi
- O Vello e o Sapo
- Sardiñada
- Mentras Eu Peno
- Monólogo do Vello Traballador
- Negra Sombra
- Adios Rios, Adios Fontes