7 lvvas

Corazón de pau

7 lvvas
preparaba-se o gran golpe
na cidade o festival xa rematou
o cabaret estaba tranquilo
salvo o lixeiro ruído do plató
a ruleta está detida
o violin parou de soar
a xente con sentido
xa marchara do local
el, de pé onda o pasillo
semellaba ter 'Corazón de Pau'
achegando-se onda a barra dixo
"bebida para quen queira beber"
tras o suspiro de alívio
cada cual virou con cada quen
achegou-se un forasteiro
e surrindo preguntou
"por favor, a qué hora
escomenza esta función?"
logo foi-se cara á esquina
cabizbaixo 'Corazón de Pau'
ao póker nunha mesa
a Lili toca-lle a sua vez
na sua man habia dous reis
faltaba-lle inda un mais para vencer
fora as ruas que se enchen
non hai brisa nin hai ar
a fiestra estaba aberta
era difícil respirar
Lili picou do mazo
saíu-lle 'Corazón de Pau'
Big Jim non era bobo
tiña minas de ouro e prata en propiedá
fixo unha rimbonbante entrada
coa aureola dun siléncio sepulcral
cos seus dous gardaespaldas
e no pelo fixador
viña forrado de cartos
e todos os malgastou
mas o seu bastón de prata
era nada ante 'Corazón de Pau'
tras peinar-se a melena
chegou Rita na carruaxe até a cidá
era unha raíña sen coroa
entrou pola porta lateral
moveu as falsas pestañas
susurrando-lle a Big Jim
"sinto chegar tarde"
el oía sen oir
estaba extasiado
mirando a 'Corazón de Pau'
eu vin-o nalgun sítio
Big Jim non cesaba de pensar
"quizais fóra aló en México
ou tal vez nalgun cuadro familiar"
nisto empezou o pataleo
palideceu a lus
entre aqueles dous homes
sentia-se a inquietude
de mirar a aquela moza
que picara 'Corazón de Pau'
Lili era unha princesa
pel brilante, e preciosa e natural
fixo o que era de facer
poseía un tenro impacto ao mirar
o seu fogar destrozado
obrigou-na a percorrer
moitas trendas na sua vida
moitos homes que atender
pero nunca vira a naide
coma 'Corazón de Pau'
o xuiz fixo a entrada
foi servido de xantar e de beber
pero ninguén atendia
ao ruído do taladro na paré
todos sabian que Lili
era moza do Big Jim
e que nada afastaria
a Jim de Lili
non, nada poderia
a non ser, quizais, 'Corazón de Pau'
Rita puxo-se a beber
e un puñal o seu rostro refrexou
estaba farta de Big Jim
farta de tanta devoción
fixera cousas reprocháveis
non era muller exemplar
e agora ía facer
algo para compensar
miraba hácia o futuro
apostaba por 'Corazón de Pau'
Lili, fora a maquilaxe e sen vestido
saíu ao corredor
"sabias que isto pasaria
intrincadas son as sendas do señor"
"hai unha nova man de pintura,
non toques o papel"
"alegra-me que vivas
estás de moi bo ver"
no pasillo oen-se pasos
van a por 'Corazón de Pau'
o tramoyista daba voltas
sentia-se inquedo no sillón
"algo extrano ocurre
nota-se no ar que hai no salón"
correu chamar ao xuiz
que non o puido escoitar
pois durmia sobor da mesa
a borracheira habitual
espabilado o que mais
era 'Corazón de Pau'
os brazos de Lili
rodeaban a este home sen igoal
esqueceu por unha vez
a aquel outro que a perseguia sen cesar
"botei-che de menos" dixo
foi entón cando o bicou
ela tola por el
pero el nin se inmutou
era só unha noite mais
no discurrir de 'Corazón de Pau'
ninguén soubo dos detalles
pero din que ocurriu con rapidez
unha porta que se abriu
un rovólver batiu con fria desnudez
e sen cara de sorpresas
ali xacia Big Jim
Rita ao seu carón
sen saber qué dicir
en corpo con Big Jim
en mente 'Corazón de Pau'
duas portas mais aló
os chavales conseguiron o botin
fixeron-se cos cartos
e cos cabalos preparados pra fuxir
na escuridade do rio
agardaban con ansiedade
ao cuarto membro
que quedaba na cidade
lonxe non irían de certo
se faltase 'Corazón de Pau'
con ceo negro e choiva
ao dia seguinte foi a execución
o cadaleito de Big Jim
apuñalado pola espalda no furgón
Rita no patíbulo
presta a morrer
o xuiz estaba sóbrio
enchido de poder
o úneco que faltaba: el
o escurridizo 'Corazón de Pau'
o cabaret tiña un letreiro
dicia PECHADO POR REPARACIÓNS
Lili sen maquilaxe
e sen as roupas de faena do salón
pensaba na sua vida
no que tivo que facer
pensaba en Rita
e pensaba na lei
e pensaba tambén
e sobre todo en 'Corazón de Pau'
Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!