7 lvvas

Dama de tul

7 lvvas
grilos que critan, o ar a quecer
un xersei de algodón a secar no cordel
fiestras abertas, o arbre africán
move as suas ponlas mor do furacán
non deixou nada dito, apagou-se unha lus
e foi-se coa dama vestida de tul
dis-que que a viron chegar co solpor
que entrou no teatro a meia sesión
asi foi que o atopou e parou-se-lle á par
el ficou namorado de aquel rostro irreal
din que danzou para Cristo na crus
e foi-se coa dama vestida de tul
sermóns, armonias, oi-se ao cura no altar
fala das misérias, do ben e do mal
"pro perdón dos pecados, preguemos-lle a Deus
de xionllos, humildes pero enchidos de fe"
é doado no norde mas terrível no sur
marchou-se coa dama vestida de tul
na vida hai que ir sen mirar cara a atrás
iso é o que din, e asi é que nos vai
ningun home vive nin morre ningun
só buscan á dama vestida de tul
hai fume nas águas e cañóns e fusis
e mareas enchidas coas luas de avril
o trotar dos cabalos i ese ritmo infernal
alguén anda aí fóra a petar no portal
xa non hai mais palavras e ninguén mais que un
achega-se a dama, a dama de tul
Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!