Ai non
AidPaseniño dando pasos soa pola beirarúa, vou ao meu
Hoxe ai brétema e a city ten un ceu de seu, miro ao ceu
A xente pasa ao meu carón, alleos e automáticos na dirección
Seguindo cadanseu senlleiro
Levando aqui dende o solpor
Espéranos toda unha noite máxica imaxinándoa
Ninguen descansa, aquí todo segue esperto
Cando espeta a alborada agora cada vez mais perto
Isto convértese no meu leito
E repito por séptima vez, non teño flow
O que teño é xeito
Palpítame este peito
Axexando a ría q me veu nacer, todo semella tan perfeito
Voo entre xoaniñas
E sen irme de aqui non podo evitar portar tanta morriña
Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
Pérdemonos entre a densidadeee
Son momentos de non esquecer
Ven, déixate caer mentres non chega o mencer
E lo? Xa non es capaz mirar esta paisaxe na alboraxe?
Achache unha mensaxe escrita noutra identidade
Abaulloucado e xa almorzando as derradeiras estrelas
Que aboian no roxo atmosférico con claridade
Hai persoas a mancheas
Rúas onde pódense oir sereas e no mar vense as sereas
E ao lonxe un sereo, cando xa esclarece o ceo
O mesmo sitio coa misma esencia de seu
Monumentos que semellan de papel
Somos máis do que pintamos, é que temos un aquel
Que, aaaaaai os locais aspiran fume
Mentres luces da cidade xa semellan vagalumes
E que hai cousas que non teñen traducción
Hai xeitos de falar que din millor o que sentimos
Sacando a máis sincera expresión
Se puidendo lanzar beixos hoxe lanzo agarimos
Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
Pérdemonos entre a densidadeee
Son momentos de non esquecer
Ven, déixate caer mentres non chega o mencer