Longa noite
Fuxan os ventosceibaron un día o seu aular
óuvense berros de medo
e o queixume da morte ó pasar.
Foron trizndo na noite
estrelas lucentes daquel alborear,
escuras canles de sangue,
e os corpos sen vida e as armas cantar.
FUXE, FUXE, FUXE QUE LOGO VIRAN
LOBOS, LOBOS, LOBOS QUE BAIXAN PRO VAL
LISCA, LISCA, LISCA PRO OUTRO LADO DO MAR
FUXE, FUXE, FUXE QUE ESTAN A CHEGAR!
Baixan os lobos na naoite:
non deixes que afoguen o noso cantar.
Feras de sangue sedentas,
cativas concencias do quedo luar
cubren a Patria de morte,
que queda sin norte, ai!, do seu cantar!
Logo o silencio mezquino...
non temos camiño, non vale chorara:
Han nace-los novos fillos,
que do vento frío o día farán!
VOLTA, VOLTA NOVAS GORXAS A CANTAR
BULE, BULE, BULE QUE O DIA VIRA
LOITA, LOITA, LOITA COA NOITE ACABAR,
MIRA O DIA QUE VEN DO CABO DO MAR!
Saca ese cantar da noite
deixa que se escoite pra nunca acabar!
Anos pasaron, e aínda
os lobos da morte habitan no val
andan con peles de ovellas,
en clás de cantores da vida e da paz.
Temos na memoria, vivos,
aqueles cautivos, aquela ruindá:
Naberá tempo que lave,
nin perdón que acale a nosa verdá!
FUXE, FUXE, FUXE QUE ESTÁN A CHEGAR
LOITA, LOITA, LOITA COA NOITE ACABAR
LISCA, LISCA, LISCA PRO OUTRO LADO DO MAR,
BULE, BULE, BULE QUE O DIA VIRA!
Saca ses cantar da noite,
deixa que se escoite pra nunca acabar!
Mais ouvidas de Fuxan os ventos
ver todas as músicas- Cencia do Adro
- Romance da lavandeira
- Cantiga de berce
- Canción pra adormiñar a lembranza
- Vinde galeguiños, vinde
- Balada dos sete mariñeiros
- Cristobo
- Vamos, vamos rapaciños
- O meu amor mariñeiro
- Compañeira
- Cantiga pra unha antroiada
- Iste vaise
- Os cesteiros
- San Xosé e máis María
- Vaite
- Muiñada
- Foliada
- Foliada das olas
- Alalas
- Alala da pena