Os cesteiros
Fuxan os ventos
Somos probes cesteiros,
cestos que compoñer,
probiños de nosoutros
que vamos morrer.
cestos que compoñer,
probiños de nosoutros
que vamos morrer.
Fame que temos,
¡vaia por Dios!
non sei se é fame
ou se será tós
entra pola boca,
sale polos pés,
todo este mundo
anda ó revés.
Cando vamos á feira
cos cestos a vender
chamamos ás mulleres
que nolos veñan a ver.
E son bos cestos
se son, son, son,
que coma os meus
non hai ningún bon
e son bos cestos,
miremos ben,
pois coma os meus
xa non os fai ninguén.
Cando vamos prá vila
pola caie raial
quedan as señoritas
sentadas nun portal.
Elas, moi empolvadas,
saen pro mirador
e falan polos dedos
palabriñas de amor.
Eses son cestos
eses son, son,
en todos eles
non hai un bon.
Víste-los cestos
vístelos ben
pois coma eles
non os fai ninguén.
Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!
Mais ouvidas de Fuxan os ventos
ver todas as músicas- Cencia do Adro
- Romance da lavandeira
- Cantiga de berce
- Canción pra adormiñar a lembranza
- Vinde galeguiños, vinde
- Balada dos sete mariñeiros
- Cristobo
- Vamos, vamos rapaciños
- O meu amor mariñeiro
- Compañeira
- Cantiga pra unha antroiada
- Iste vaise
- Os cesteiros
- San Xosé e máis María
- Vaite
- Muiñada
- Foliada
- Foliada das olas
- Alalas
- Alala da pena