Invivo

Déixame

Invivo
Non ves o meu baleiro nestes ollos derrotados?
Non ves o sufrimento cando xa non podo máis?
Primeiro flaxelades ao meu pobo inocente
Logo martirizades e vos vexo desfrutar

Déixame vivir: atrévete
Déixame morrer: xa non podo máis
Mírame co meu corpo destrozado
Espido e humillado e odio ter que chorar

A nosa semente sairá desta impotencia fatal
Será caldo que criará odio que virá
Os meus ósos limparanse baixo o sol e o vento do sur
Que algún día viron nacer a min e a meus irmáns
Tento despegar meus beizos desta fría lousa gris
Alzo a vista para saber quen me fai perder
O peor da vós é o que me fai sufrir
mentiras, manipulación, non vos podo crer

Manchas de sangue marcan o camiño
Que me agarda neste antro do que non sairei
Doado é sentirse deus por un instante
contra un corpo de mans atado que xa nin quere berrar

Déixame

Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!