Éxodo
InvivoAfán por coller, todo teu sempre
Cuestión que negar, tempo por perder
Dente que trabar, suma segue
Así enganan aos cegos, con ameazas vivas noutros tempos
Así marca a penumbra, quen ve dun ollo gaña a partida
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón
Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
Foron medrando, cada vez pensando peor
Foron mudando, á sombra do protector
Necios triunfarán, sempre foi igual
Torpe convicción, parodia irreflexión
Tensar moito máis, sempre rompe igual
Pensar é perder, indecisión
Así estafan aos mudos, verbas baleiras baixo a lei do silencio
Así sinalan os mancos, dedos apuntan acaban disparando
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón
Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
Foron calando, nada que obxectar
Foron sinalando, conseguiron medrar
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón
Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción