Canto aquí, canto na habana
S.e.s.
Canto aquí, canto na Habana
Canto aquí, canto na Habá
E como canto tan ben
Canto onde me peta
Canto aquí, canto na Habá
E como canto tan ben
Canto onde me peta
Agora comezo eu
Comezo por comezar
A que primeiro comeza
Primeiro ha de acabar
Canto aquí, canto na Habana,
Canto onde me peta
Hei de cantar aquí embaixo
E hanme sentir arriba
Para que diga miña nai
Esa é a miña filla
Eu se canto fago ben
Eu se canto fago ben
Canto pola miña gorxa
E non pola de ninguén
(Fragmento de Castelao)
Vou a dar a despedida
vou a dar o parabén
vou a dar a despedida
que ma dan a min tamén
Somos do sul e do norte
Somos de aquí e de acolá
Que o sinta a xente da Habana
De Vigo e de Bogotá
Somos máis perto que lonxe
Somos pobo, somos chan
Semente de liberdade
Para vivir como irmáns
Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!