Oh! ayatollah

Desaparecer

Oh! ayatollah
Se é que todo che sae mal
Ou che vai bastante ben
Nunca está de máis desaparecer
Se é que non te quere xa
Ou é que di que non te pode nin ver
Non o penses máis, desaparecer
Nunca está de máis desaparecer

Non sei de ninguén, que puidese probalo solo unha vez
Desaparecer
Moito digo que nunca máis
E logo son o primeiro en volver
O primeiro en desaparecer
E vendo no mundo o que hai
Sendo a xente como é
Quen non vai soñar con desaparecer
Todo é xenial ao desaparecer

Non sei de ninguén, que logo de marchar se esforzase en volver
E para que?
Quen vai querer a merda podendo ter o mel?
Desaparecer
Quédate ben con esta cara porque non a vas volver ver
Non quero escoitar a túa charla, non me vas convencer
Non quero volver aí abaixo volver ao mundo outra vez
O único que quero é desaparecer

Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!