Airiños, airiños, aires
Los tamaraAiriños da miña tierra.
Airiños, airiños, aires.
Airiños, levaime a ela.
Sin ela vivir non podo,
Non podo vivir sin ela
Que adonde queira que vaia
Cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme unha espesa nube
Tal preñada de tormentas,
Tal de soidás preñada,
Que a miña vida envenena.
Leváime, leváime,airiños,
Como unha folliña seca,
Que seco tamén me puxo
A callentura que queima.
¡ai!, si non me leváis pronto,
Airiños da miña terra
Si non me leváis, airiños,
Quisais xa non me coñesan
Leváime, leváime, airiños,
Leváime adonde me esperan
Unha nai que por min chora,
Un pai que sin min non alenta,
Un irmán por quen daría
A sangre das miñas venas,
E un amoriño a quen alma
E vida lle prometera.
Si pronto non me levades,
¡ai!, morrerei de tristeza,
Soio nunha terra estraña,
Donde estraño me alumean,
Donde todo canto miro
Todo me di ¡extranxeiro!
¡ai, miña probe casiña!
¡ai, meu puchiño vermello!
Non permitás que aquí morra,
Airiños da miña terra,
Que ainda penso que de morto
Hei de sospirar por ela
Ainda penso, airiños aires,
Que dispois que morto sea,
E aló polo camposanto,
Donde enterrado me teñan,
Pasés na calada noite
Ruxindo entre a folla seca,
Ou murmuxando medrosos
Antre as brancas calaveras
Inda dispois de mortiño,
Airiños da miña terra,
Heivos de berrar ¡airiños,
Airiños, leváime a ela!
Heivos de berrar ¡airiños,
Airiños, leváime a ela!
Ai lala, lala, lalalala,
Airiños levaime a ela.
Mais ouvidas de Los tamara
ver todas as músicas- Pol'o Mar Abaixo Vai
- Unha Noite Na Eira do Trigo
- Himno a Galicia
- A Meiga
- Galicia Non Ten Morriña
- A Canzón De Un Mariñeiro
- Airiños, Airiños, Aires
- María Soliña
- O Home e a Terra
- A Outra Nai
- Mi Tierra Gallega
- Galicia Terra Nosa
- Na Morte de Curros
- A Santiago Voi
- O Vello e o Sapo
- Sardiñada
- Mentras Eu Peno
- Monólogo do Vello Traballador
- Negra Sombra
- Adios Rios, Adios Fontes