O vello e o sapo
Los tamaraDetrás dos petoutos vai póndose o sol
Retornan prós eidos coa noite as ovellas
Tiscando nas beiras o céspede mol.
Un vello, arrimado nun pao de sanguiño,
O monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso unha pedra topóu no camiño
E nela sentóuse pra folgos tomar.
-¡ai! -dixo-, ¡qué triste!
¡qué triste eu estóu!
I on sapo, que oía,
Repuso: -¡cro, cro!
¡ás ánemas tocan! ... tal noite como ésta
Queimóuseme a casa, morréume a muller
Ardéume a xugada na corte, i a besta,
Na terra a semente botóuse a perder.
Vendín prós trabucos bacelos e hortas
E vou polo mundo de entón a pedir
Mais cando non topo pechadas as portas
Os cans sáienme a elas e fanme fuxir.
- canta, sapo, canta
Tí i eu ¡somos dous! ... -
I o sapo choroso,
Cantaba: -¡cro, cro!
Soliños estamos entrambos na terra.
Mais nela un buraco tí alcontras i eu non
A ti non te morden os ventos da serra,
I a min as entranas i os ósos me rón.
Tí, nado nos montes, nos montes esperas,
De cote cantando, teu térmeno ver
Eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,
E morte non hacho, si quero morrer.
-xa tocan ... recemos,
¡que dicen que hai dios! ...-
El reza, i o sapo
Cantaba: -¡cro, cro!
A noite cerraba, i o raio da lúa
Nas lívidas cumes comenza a brillar
Curisco que tolle nos álbores brúa
I escóitase ó lexos o lobo oubear.
O probe do vello cos anos cangado
Erguéuse da pedra i o pau recadóu
Viróu para os ceos o puño pechado,
E cara ós touzales rosmando marchóu ...
Cos ollos seguíndoo
Na escura estensión,
O sapo quedouse
Cantando: ¡cro, cro!.
Mais ouvidas de Los tamara
ver todas as músicas- Pol'o Mar Abaixo Vai
- Unha Noite Na Eira do Trigo
- Himno a Galicia
- A Meiga
- Galicia Non Ten Morriña
- A Canzón De Un Mariñeiro
- Airiños, Airiños, Aires
- María Soliña
- O Home e a Terra
- A Outra Nai
- Mi Tierra Gallega
- Galicia Terra Nosa
- Na Morte de Curros
- A Santiago Voi
- O Vello e o Sapo
- Sardiñada
- Mentras Eu Peno
- Monólogo do Vello Traballador
- Negra Sombra
- Adios Rios, Adios Fontes